luns, 27 de outubro de 2008

SAMAIN



Convidámosvos a celebrar con nós a festa do Samaín. Poderedes traer cabazas decoradas durante toda esta semana ó colexio.


As cabazas estarán expostas no corredor ó carón da aula de inglés.


sábado, 11 de outubro de 2008

ORTOGRAFÍA

Tedes problemas a hora de escribir? Os vosos profes sempre vos din que non tedes que cometer tantas faltas. Este problema vaise acabar. Entra no seguinte enlace http://www.ejerciciosortografia.com/html/menu.htm. Xa veredes que facil é escribir ben. E un consello, non vos esquezades de ler...

PRACTICA AS TUAS MATERIAS

Practica as túas materias en galego. Fai clic no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm e non te quedes atrás.

FRAY PERICO Y SU BORRICO



Isto eran vinte Frailes franciscáns que vivían nun antigo convento cerca de Salamanca. Tiñan a cabeza afeitada, a barba moi branca e un hábito con remendos. Camiñaban en fila polos corredores do convento, todos os Frailes facían o mesmo, si un tropezaba, os outros tropezaban, si un se caía os outros tamén, si un rezaba os outros tamén rezaban, si un facía os deberes os outros tamén o facían. E non vos contamos máis...


Animadevos a lelo. Os alumnos de 4ºA aseguramosvos moitos minutos de diversión coa súa lectura

O OUTONO


Chegou o outono e os alumnos de 4º A quixeron darlle a benvida facendo este mural. Esperamos que vos guste.

mércores, 8 de outubro de 2008

NOVIDADES NA BIBLIOTECA


Xa está a funcionar o sevicio de préstamo da biblioteca do cole. Os luns, mércores, xoves e venres, coincidindo cos días das actividades extraescolares, entre as 17 e as 18 horas poderedes visitar a biblioteca e coller un libro para disfrutar na casa.
Estas son algunhas das novidades que poderás atopar

Kika Superbruja y la ciudad sumergida.

28 Historias para rir. Ursula Wölfel

O fillo do rei desaparecido. Xoán Babarro


A pousada encantada. Anxo Fariña.