martes, 24 de marzo de 2009

OS BOLECHAS VISITAN A ILLA DE AROUSA

Os nenos e nenas de 2º tiveron a sorte de poder asistir á presentación de "Os Bolechas no Con da Illa de Arousa".Escrito por Pepe Carreiro e publicado pola editorial A Nosa Terra, o libro conta a visita que realizan os seis integrantes da saga familiar de Os Bolechas (Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o seu inseparable can Chispa) ao municipio, centrándose, especialmente, na Ruta dos Cons, pero tamén achegándose a outros monumentos como o faro de Punta Cabalo, O Santo, o Centro de Interpretación da Conserva ou o Muíño das Mareas. Contan neste viaxe coa colaboración da nena Carla e por un escultor, que exercen de guías no descubrimento que vai facendo a familia Bolechas dos segredos que agocha o municipio. Pepe Carreiro estivo na presentación e firmou múltiples exemplares. Como recordo trouxeron varios exemplares que estarán na biblioteca do cole e tamén uns debuxos asinados e adicados polo autor.

ENTREGA DE PREMIOS SOLIDARIOS

Hai uns días que se enteregaron os premios aos gañadores do concurso de redaccións e debuxos acerca do que significa ser solidario ou solidaria. A biblioteca municipal da illa acolleu aos 15 estudantes do C.E.I.P "Torre-Illa" que resultaron premiados polos seus traballos. Durante eses días tamén se levaron a cabo as xornadas de ciencia programadas pola Consellería de Educación e o Concello da Illa.
Reportaxe publicada no Faro de Vigo.

xoves, 19 de marzo de 2009

A VISITA DE XAN AO COLE

Este Martes, coincidindo co Día Mundial do Mar, visitounos Xan (a mascota da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos). Animounos a que o peixe forme parte da nosa dieta para que sexa máis saudable e repartiu moitos agasallos. E lembrade:
"¡Se queres estar forte e san come peixe como Xan!"
Se queredes ler máis sobre esta visita consultade a páxina web da "Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos" pinchando na seguinte dirección:

mércores, 11 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA NO TORRE-ILLA

Esta semana estamos a conmemorar a 21ª semana da prensa na escola. Nestes días, os xornais e as revistas forman parte do traballo dentro das aulas, e nos recreos pódese visitar a biblioteca e ler os xornais e as revistas que forman parte dunha exposición na que se renovan todolos días os xornais. Tamén se poden consultar as edicións dixitais de moitos xornais en Internet (prensa local, deportiva, autonómica, nacional e internacional).
Pinchade no seguinte enlace para ver o especial "prensa na escola" da "Voz de Galicia":

A RECETA MAIS GOLOSA DE INFANTIL

Hai pouco vos contamos como daban os primeiros pasos na cociña o alumnado de Educación Infantil. Agora nos queren dar unha das recetas que fixeron ese día para que tamén podamos facer nos as deliciosas "TORTITAS AMERICANAS".
Pero a cousa non ía ser tan fácil e, coma todos os bos cociñeiros, os nosos nenos e nenas gardan con moito segredo os ingredientes das suas recetas. Se queredes saber a receta, primeiro tendes que resolver o encrucillado que nos propoñen.




  • Primeiro hai que adiviñar os INGREDIENTES:

1. FAI LEVEDAR (1 sobre).

2. É DE ORIXE ANIMAL;DAO AS VACAS, CABRAS E OVELLAS (Medio litro).

3. É DE ORIXE VEXETAL E É DE COR BRANCA (300 gramos).

4. É DE ORIXE ANIMAL E OS POÑEN AS AVES (2).

5. É DE ORIXE VEXETAL, FAISE DA NATA DA LEITE (25 gramos).

6. É DE ORIXE VEXETAL, O SEU SABOR É DOCE E É BRANCA (2 culleradas )

7. É DE ORIXE VEXETAL E EMPLEASE COMO AROMÁTICO NOS DOCES. TAMÉN HAI XEADOS DESE SABOR (Un pouco).

  • Pois si xa sabedes todos os ingredientes, agora fixádevos na PREPARACIÓN

Mezclamos todo coa batidora e vertemos un chorro sobre unha sartén ou plancha quente (como coas filloas pero sin untar a plancha). Despois podemos comelas con azucre, nata, sirope de chocolate, caramelo, etc...
Están boíííííísimas!!!!

mércores, 4 de marzo de 2009

APRENDENDO A COCIÑAR E A COMER BEN


Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron esta semana a visita dun cociñeiro de prestixio para ensinarlles como se deben comportar na mesa, a diferenciar e apreciar os aromas e os sabores das comidas e das bebidas e a facer galletas, tortitas, batidos e pan. O Técnico Especialista de Hostelería, e cociñeiro do Parador de Cambados, Antonio Bono, chegou ao cole ben cedo cargado cos seus utensilios de cociña (un forno profesional, unha plancha eléctrica, vaixela, espátulas, xerras, frascos...) e cos ingredientes necesarios para poñerse mans á obra. Antonio nos animou a probar sempre os alimentos e a non rexeitalos dicindo "non me gusta", xa que é fundamental aprender a comer de todo para ter unha boa alimentación e levar unha dieta saudable.
A experiencia resultou moi positiva para todos, e hai que decir que as galletas e tortiñas que fixeron os nosos pequechos estaban boísimas!

Pinchade na seguinte dirección se queredes ver a noticia da Voz de Galicia: