xoves, 28 de maio de 2009

VISITAMOS O MUSEO DA CONSERVA DA ILLA

Esta semana todo o alumnado do centro visitou o museo da conserva. Foi unha visita moi especial e nos axudou a coñecer mellor a vinculación do noso pobo coa industria conserveira. Descubrimos que aló polo 1879, Juan Goday Gual instalou a primeira fábrica de conservas moderna de toda Galicia, aplicando un novedoso sistema de conservación dos alimentos que se descubriu en Francia. Tivemos oportunidade de ver como cambiaron as artes de pesca, como era a cadea de producción naquela época, ver algunha das máquinas que bombeaban aceite ou sellaban as latas, as chimeneas orixinais e tamén de coñecer mellor toda a industria conserveira galega, da que se pode decir que é pioneira a Illa de Arousa. A fábrica foi tan novedosa que nunha visita que lle fixo o rei Alfonso XII no ano 1881 quedou moi impresionado pola modernidade das instalacións e a calidade dos alimentos, e ao ano seguinte a nombrou "proveedor de la Casa Real".

Se queredes saber mais cousas visitade estas direccións:
http://www.isladearosa.com/museo_da_conserva.es.htm
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2136

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O luns 25 de maio visitaronnos, como cada ano, os contacontos da editorial "Kalandraka". Este ano os contacontos chamábanse Ana e Luis. A luis xa o coñecíamos de outros cursos. Contáronnos catro contos: 1º)"Cerca", 2º)"Garvanciño, 3º) "Amelia quere un can" e 4º) "Paxariña de papel".
Ana foi a que nos contaba os contos e Luis axudáballe con instrumentos, facendo os efectos sonoros. Algúns eran moi peculiares como por exemplo un "pao de choiva" e un "asubío" que imitaba o canto dos paxaros. Outros acompañamentos os fixo co acordeón, e como Ana estaba un pouquiño mal da gorxa tamén lle axudou a contar e cantar. Tamén nos ensinaron unha canción da "Paxariña de papel".

mércores, 27 de maio de 2009

A BRUXA DO OESTE

Coma en anos anteriores, no cole organizamos a saída ata o "I.E.S. Asorey" de Cambados para ver a representación do "TEATRO CARACOL". Este ano representaron a obra "A bruxa do Oeste". Coma sempre, disfrutamos moito coas cancións e coa posta en escea tan espectacular deste fabuloso grupo de teatro. Se queredes ver como foron os ensaios e as probas de vestiario e escoitar unha das cancións da obra pinchade neste enlace:

martes, 26 de maio de 2009

AUDITORIO DE VILAGARCÍA

O día 1 de abril os alumnos de educación infantil fomos o Auditorio de Vilagarcía para disfrutar dunha actividade que levaba por título "ESCENAS MUSICAIS".
Fixéronnos unha presentación dos instrumentos, onde aprendemos a diferencialos non so visualmente, senón tamén polo seu sonido, combinando a posta en escea coa música.
Regaláronnos un libriño a cada un onde aparecían os instrumentos que coñecemos e que recordamos con eles. Ao chegar ao cole fixemos unha maqueta dunha orquesta.
Música maestro!!!!!

martes, 5 de maio de 2009

A VISITA DE ANXO FARIÑA

Hoxe estivo no cole o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Trouxo toda a maxia dos debuxos no seu rotulador e mostrounos como podiamos transformar a realidade gracias ao poder da imaxinación.

Durante a visita retratou a Brais (de 2º A) coma un dragón e a Andrea (de 1º A)coma se fora unha serea.
Contounos moitas cousas dos seus libros ( Os megatoxos, a pousada encantada...) e o pasamos moi ben.