luns, 22 de marzo de 2010

TALLER DE COCIÑA EN INFANTIL

Os nosos cociñeiros favoritos do cole están que non paran. Logo de facer a Rosca de Nadal e o Roscón de Reis atreveronse coas Rosquillas de anís. Queredes saber como as fixeron? Pois despois de lavar as mans e poñer o gorro de cociña houbo que preparar a masa mesturando a fariña, os ovos, o azucre, a esencia de anís, o aceite e a raiadura de limón. Amasar é moi divertido pero facer formas coa masa aínda o é máis. Fixeron estrelas, círculos e outras formas orixinais. O resultado final foi todo un éxito. As mestras pasaron as rosquillas polo aceite e xa estaban listas para comer. Que boas estaban!!

xoves, 18 de marzo de 2010

A SIRADELLA E O ACUARIO

Os nenos e nenas de 1º e 2º foron hoxe ata o concello do Grove, nunha visita didáctica para aprender un pouco máis da flora e fauna do noso entorno, e que os levou a coñecer o monte Siradella e a Lagoa Bodeira, na que puideron observar cos prismáticos as aves acuáticas migratorias que alí estaban. Tamén se achegaron ao acuario, onde aprenderon moitas cousas da fauna e flora do mar e viron peixes da nosa ría, peixes tropicais e ata tiburóns!

ÁRBORES NOVAS NO PATIO

O alumnado do "Torre-Illa" está moi concienciado da importancia que ten coidar o noso entorno. Tanto é así que a reciclaxe selectiva está presente en todalas aulas do centro e o noso composteiro segue a pleno rendemento. E para que o cole sexa aínda un pouco máis verde, estes días o alumnado de 4º e 5º, xunto cos seus mestres, levaron a cabo a plantación de novas árbores autóctonas no patio do centro. Todos o viviron con moita ilusión e mentras uns acarretaban a uga, outros acondicionaban o chan, utilizando o propio sustrato que xeramos no noso composteiro.

mércores, 3 de marzo de 2010