venres, 26 de outubro de 2012

SAMAÍN


 O 31 de outubro festexamos o samaín. Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano e era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca limpar a lareira para non afastar as ánimas. Afírmase que polo samaín era costume baleirar cabazas de gran tamaño para pórlles dentro candeasOs días 29, 30 e 31 de outubro podedes traer a vosa cabaza de Samaín para expoñela nos corredores do centro. Lembrade identificalas co voso nome e o voso curso. O último día da exposición e o 31 de outubro. Ese día haberá que recollela antes de marchar. As cabazas que non se recollan ese día irán ó lixo, xa que o centro permanecerá pechado ata o 5 de novembro e as cabazas estragaríanse igualmente.

mércores, 24 de outubro de 2012

CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA

Este curso o noso centro participa no Plan de Consumo de Froitas na Escola. Esta actividade está subvencionada con fondos da Unión Europea e consiste na entrega de froita a todo o alumnado do centro durante duas semanas do curso no horario do recreo. Esta é a primeira semana, coa seguinte froita: Luns mazá tipo "golden", martes pera, mércores plátano, xoves mazá vermella e venres mandarina. Esta actividade ten como finalidade acadar uns hábitos saudables de alimentación na poboación infantil, reducindo a obesidade e as enfermidades asociadas. Para saber máis podedes consultar o seguinte enlace do Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente   
 http://www.alimentacion.es/gl/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/                                                                 

venres, 19 de outubro de 2012

A VISITA DUN CAMPIÓN MUNDIAL


Esta semana veu polo colexio o ex alumno Ramón Ferro, recente campión mundial de piragüismo na clase C 2. Primeiro visitou as aulas dos maiores e atendeu ás súas preguntas. Logo, nun pequeno acto celebrado durante o recreo, recibíu unha forte ovación por parte de todo o alumnado e recolleu un agasallo. O ten ben merecido, xa que compaxinar o seu traballo co deporte e lograr ser o mellor do mundo é admirable. Noraboa campión!

domingo, 7 de outubro de 2012

O ZOO MUSICAL

A escola de música da Illa de Arousa presentou no cole o seu zoo particular. Os animais, que eran os  instrumentos dos profes da escola, foron soando individualmente para rematar tocando todos xuntos fermosas melodías e cancións moi coñecidas por todos. Así presentaron ó león (a guitarra), á cebra (o teclado), o canguro (o saxofón)... Con todos eles aprendimos moitas cousas e pasamolo ben. Bravo maestros!