venres, 30 de novembro de 2012

TARTA DE CASTAÑA



 Xa que estamos na época das castañas, os cociñeiros de Infantil  seguimos  practicando a repostería. Agora  tocou  TARTA DE CASTAÑASAdemais de aprender moitas cousas relacionadas cos distintos ingredientes, por exemplo como se chama a árbore que da as castañas, como é a folla, de que orixen son os distintos ingredientes,  etc… Traballamos a lectoescritura, escribindo e lendo  os ingredientes nos envases, na pizarra e no papel, pesamos, sumamos, restamos coas cantidades, E QUÉ CANTIDADES! 600, 3OO, son uns números moi grandes!
 Dun xeito lúdico e de forma  manipulativa aprendemos e pasámolo  pipa .
- Migamos  as  galletas mezclámolas coa margarina e fixemos a base no molde.

- a mestra coceu  as castañas e quitámoslle a tona máis  delgadiña
- engadimos  todos os ingredientes; lendo a lista máis os envases e contando, sumando e pesando.
- a profe misturou todo coa batidora
- botámola no molde sobre a base de galleta
-despois de cocela,   este é o resultado,  VOILA!

A  que nos quedou moi bonita?, bueno porque a decoramos   con castañas e crema de castañas, servíndonos  dunha "manga" pastelera.
Estaba  moi  rica, nos comemos un cachiño e como nos gusta compartir levámoslles un anaquiño ás  nosas familias.
Se queredes  facela,  tendes que  buscar os ingredientes nesta sopa de letras, nos xa a fixemos, é moi fácil.
QUE VOS  APROVEITE LARPEIROS!


luns, 26 de novembro de 2012

ROI CASAL NO COLE

 Esta semana tivemos unha visita moi especial. O concello trouxo a Roi Casal e Silvia Ferre, que viñeron cargados con todo o necesario para tocar e cantar algunhas pezas moi fermosas, unha delas con versos de Rosalía de Castro. Tamén aprendimos algunhas características dos instrumentos que tocou, e contounos curiosidades. Agora sabemos que a semellanza entre o arco e a arpa non é casual, e nela pode estar a orixe deste instrumento. Foi un pequeno concerto de moito proveito, e a música e a voz de Roi e Silvia engaiolaron a todos. Mirade que atentos están os pequechos!

martes, 20 de novembro de 2012

XELATINA DE UVA

Ós nenos e nenas de Educación Infantil gústalles aprender experimentando coa repostería. Hoxe tocou Xelatina de uva. Primeiro sacamos as uvas do racimo. Mirade que concentrados están Jorge e Alexandre.

A continuación botamos man da licuadora e fixemos o zume. Que algarabía!
 Tais trouxo unhas uvas tintas da súa casa que deixaban a lingua morada e que facían moi bo mosto.
Mentres esperabamos a que cuaxara a xelatina recortamos unha fermosa blonda para a presentalas nas bandexas.
 Houbo que darlle forma á xelatina cuns moldes especiais e este foi o resultado.
 Quedaron moi bonitas, pero a próxima vez botaremoslle máis azucre, xa que quedaron un pouco insípidas. Aínda que a Borja parece que lle prestou. Un bo traballo! 


venres, 16 de novembro de 2012

MAGOSTO


O magosto chegou cargado de castañas, bocadillos de chourizos asados e moita diversión. Aquí tendes ós nenos e nenas de Educación Infantil visitando ós cociñeiros e aproveitando as brasas para pintar a cara.
Tamén houbo tempo para degustar as castañas. Ás veces non é doado pelalas, pero o esforzo pagou a pena porque estaban moi saborosas.

martes, 6 de novembro de 2012

OS DÍAS MÁIS TERRORÍFICOS

Estes días daba medo camiñar polos corredores do colexio. Morcegos, bruxas, esqueletes, pantasmas e cabazas arrepiantes aparecían por todos os recunchos. Aquí están algunhas delas e os seus autores.


 Todos quixeron facerse unha foto coa bruxiña do Samaín.



 As exposicións quedaron terroríficamente ben gracias ós estupendos traballos de todo o alumnado e as súas familias. Noraboa a todos os artistas!


 En Educación Infantil traballaron moito nas súas cabazas e na decoración das exposicións. Esta bruxiña de cabaza fixeronna os nenos e nenas de cinco anos coa axuda da súa mestra. Non lle falta detalle!