venres, 22 de novembro de 2013

MAGOSTO NO COLEXIO

O martes 12 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Primeiro cantamos unhas cantareas co profe Carlos (A saia da Carolina, Apagha o candil, etc...), e despois comemos castañas e bocatas de chourizo, todo preparado coa brasa.





sábado, 2 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Na semana do 28 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio con diferentes exposicións polos corredores, e contando coa participación dos pais, un concurso de cabazas. Aquí vos deixo algunhas fotos dos murais e das exposicións das cabazas.

luns, 20 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas saímos ó patio para celebralo. Os profes organizaron un montón de xogos tradicionais para pasalo ben.

E mesmo animáronse a participar. Mirade que xeito ten o profe Carlos.

Os xogos puxeron a probas as habiblidades de todos e nalgún costaba manter o equilibrio.

O certo e que quedamos todos moi cansos e agradecemos sentarnos á sombra.


Outra actividade coa que festexamos o Día das Letras Galegas foi esta árbore con verbas, e poesías nas follas, que fixo todo o alumnado do cole. Algunhas verbas foron extraídas dos escritos de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado este ano polas Letras Galegas
A que quedou moi ben?

mércores, 15 de maio de 2013

APÍPOLIS

Os nenos e nenas de primeiro foron á granxa Apípolis para aprender moitas cousas novas das abellas e a relación tan importante que teñen coas persoas.
Mirade que ben equipados van para evitar que se lle acheguen as abellas e visitar o apiario. 
 Tiveron a oportunidade de observar as maquetas nas que se reproduce a vida das abellas, e coñecer as magníficas instalacións, con 10000 metros cuadrados de zonas verdes.
TODA UNHA EXPERIENCIA!



venres, 3 de maio de 2013

SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

 Os nenos e nenas de tres anos participaron na campaña "Sen profes non hai escola" da "Semana Mundial pola Educación". Así coñeceron a importancia de ir á escola e de que esta teña todo o necesario para aprender.
 Esta campaña trata de sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado, remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.


 Logo de reflexionar sobre o que precisamos para ter unha escola , escribiron na silueta da súa mestra as cualidades da súa escola e da mestra.

martes, 2 de abril de 2013

CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O 2 de abril conmemorase o Día Internacional para a Concienciación do Autismo. En moitas fiestras e fachadas penduran estes días globos azuis con esta finalidade. Esta iniciativa, xunto con outras tan importantes coma a sinalización de lugares e dependencias con pictogramas, fan posible unha maior integración das persoas con autismo.

luns, 25 de febreiro de 2013

ALBORADAS PARA ROSALÍA


Onte, 24 de febreiro, conmemorouse o día de Rosalía de Castro, data conmemorativa do seu 176 aniversario. Nesta data tan especial os gaiteiros de toda Galicia quixeron renderlle homenaxe tocando alboradas co imno galego. Consagrada coma a poetisa galega de todos os tempos, deixamos aquí un fragmento dunha das poesías máis fermosas do libro "Cantares Gallegos", do que tamén festexamos o 150 aniversario, e un enlace para que poidades saber un pouco máis da súa figura.
As de cantar
As de cantar,
meniña gaiteira,
as de cantar,
que morro coa pena


Canta, meniña,
na veira da fonte,
canta, dareiche,
boliños do pote...


Papiñas con leite
tamén che darei,
sopiñas con viño,
torrixas con mel.


Patacas asadas,
con sal e vinagre
que saben a noces,
que ricas que saben!

venres, 8 de febreiro de 2013

ENTROIDO

 O entroido chegou con moito colorido e diversión ó Torre Illa. Coma outros anos, ás 11:15 saímos a desfilar polas ruas da Arousa.

Este ano o desfile fixo tres paradas: O Cantiño, Concello e Praza do Regueiro.
Nas paradas todo o alumnado cantou  e bailou as cancións ensaiadas co profe Carlos e os titores.
E de volta no colexio, co cansos e esfameados que estabamos, as filloas, orellas, rosquillas e flores que prepararon as nais e pais sentáronnos de maravilla. 
Que ricas estaban!!!

luns, 4 de febreiro de 2013

TAPÓNS PARA CÉSAR

O exalumno do colexio César precisa un andador. Para axudarlle a mercalo o centro está facendo estes días unha campaña de recollida de tapóns de plástico. Lembrade  gardar e traer todos os tapóns de plástico que poidades.
 Entre todos podemos axudarlle! 

venres, 1 de febreiro de 2013

ROI CASAL EN RADIO CARCAMÁN


video
Esta é a entrevista que os nenos e nenas de 6º  curso de Educación Primaria fixeronlle a Roi Casal en Radio Carcamán durante a sua visita ó centro o pasado mes de novembro.

mércores, 30 de xaneiro de 2013

A PAZ É O CAMIÑO

 "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"; "Se queres ter paz comeza xa". Estes son algunhas das frases que o alumnado do colexio plasmou nos murais que conmemoran hoxe o "Día da Paz", e que elaboraron coa profe Laura  e cos seus titores para decorar os corredores do colexio. 
En Educación Infantil fixeron unha morea de pombas da paz, e tamén colgantes moi coloridos co símbolo da paz. Mirade que ledos e orgullosos están cos seus traballos.

 Nas aulas de primeiro curso traballaron arreo para rematar as pombas. O certo e que quedaron moi bonitas, e xa penduran do teito no seu corredor.


Os nenos e nenas do segundo ciclo de Educación Primaria cantaron para todo o cole a canción "Que canten os nenos"