luns, 20 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas saímos ó patio para celebralo. Os profes organizaron un montón de xogos tradicionais para pasalo ben.

E mesmo animáronse a participar. Mirade que xeito ten o profe Carlos.

Os xogos puxeron a probas as habiblidades de todos e nalgún costaba manter o equilibrio.

O certo e que quedamos todos moi cansos e agradecemos sentarnos á sombra.


Outra actividade coa que festexamos o Día das Letras Galegas foi esta árbore con verbas, e poesías nas follas, que fixo todo o alumnado do cole. Algunhas verbas foron extraídas dos escritos de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado este ano polas Letras Galegas
A que quedou moi ben?

mércores, 15 de maio de 2013

APÍPOLIS

Os nenos e nenas de primeiro foron á granxa Apípolis para aprender moitas cousas novas das abellas e a relación tan importante que teñen coas persoas.
Mirade que ben equipados van para evitar que se lle acheguen as abellas e visitar o apiario. 
 Tiveron a oportunidade de observar as maquetas nas que se reproduce a vida das abellas, e coñecer as magníficas instalacións, con 10000 metros cuadrados de zonas verdes.
TODA UNHA EXPERIENCIA!



venres, 3 de maio de 2013

SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

 Os nenos e nenas de tres anos participaron na campaña "Sen profes non hai escola" da "Semana Mundial pola Educación". Así coñeceron a importancia de ir á escola e de que esta teña todo o necesario para aprender.
 Esta campaña trata de sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado, remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.


 Logo de reflexionar sobre o que precisamos para ter unha escola , escribiron na silueta da súa mestra as cualidades da súa escola e da mestra.